Sempre accesibles  

Posted in

De seguido tedes todos os datos para contactar co persoal do ANPA


ANPA A CURUXA

Paseo  Templarios,  nº 1
15670 O Temple - Cambre
A Coruña

Teléfono: 981.667.405
Fax: 981. 667.405

Móvil: 647.146.224

E-mail: anpa.curuxa@gmail.com

Horario de atención na oficina do ANPA

Mércores: 9:00 - 10:00 / 16:00 - 17:00 horas




ENQUISA UNIFORME ESCOLAR  

Posted in

Sodes moitos e moitas os que vides solicitando un uniforme escolar no colexio.. Nós como asociación de nais e pais temos voz e voto no Consello Escolar que decidirá a conveniencia ou non de que os nenos leven uniforme para asistir á escola. 


Recordade que actualmente os nosos fillos e fillas xa levan parte do uniforme para a realización de ximnasia e saídas programadas pola escola (chándal). 
Imaxinámosnos que terán moitas opinións, unhas a favor e outras en contra. á, entre outras cousas da nosa opinión.
Se fose necesario, dende o ANPA convocariamos unha asemblea extraordinaria para informar e debater sobre o tema.  


O pasado venres 29 de Outubro procedeuse o envío das enquisas os pais e nais do colexio, pedímosvos por favor que as devolvades contestadas á maior brevidade posible facendo entrega aos titores, na oficina do ANPA ou na caixa de correo colocada á entrada do colexio na zona de prensa. 




Un saudo

Gripe A  

Posted in



PAUTAS DE ACTUACIÓN E RECOMENDACIÓNS A PAIS E NAIS
ANTE A GRIPE A:


1.- Vixíen os seus fillos e, se observan que presentan algún síntoma
da gripe, que non asistan ao centro nin a zonas de aglomeración ou
ocio e que contacten cos centros sanitarios, de consideralo preciso, e
sempre cando teñan factores de risco ou síntomas de gravidade.

2.- Especial atención ás seguintes medidas de prevención:
- Extremar o coidado da hixiene persoal e lavar as mans
frecuentemente con auga e xabón
- Non compartir alimentos, nin utensilios: vasos, garfos...
- Cubrir o nariz e a boca cun pano. Esbirrar contra o ángulo
interno do cóbado. Tirar o pano desbotable nunha bolsa
de plástico (De non telo facelo contra a manga da camisa
para non contaminar as mans)
- Evitar n o posible tocar o nariz, ollos e boca
- Prestarlle atención á saúde sobre todo se se presenta
algún dos síntomas característicos da gripe A: febre, tose,
mucosidade nasal, dificultade respiratoria, dor de cabeza ou
muscular, malestar xeral...
- Quedar na casa cando se estea enfermo e consultar co
pediatra, se é preciso, otratamento que cómpre seguir.
- Practicar bos hábitos de hixiene: ventilar diariamente a
casa , os cuartos e espazos comúns: limpar as superficies
e obxecto de uso común con productos de limpeza
habituais (pomos, manubros, xoguetes, baños, teléfonos
- Colaborar coas Autoridades sanitarias e cos servizos de
saúde pública.


Máis información: Aquí (Descargar documento)
http://www.edu.xunta.es/portal/

Actividades 2009/2010  

Posted in

CALENDARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2009/2010


Actividades impartidas no colexio


               
(Pica sobre a imaxe para velo máis grande)




Actividades impartidas no Polideportivo do Temple


                      
(Pica sobre a imaxe para velo máis grande)




Outras actividades


                   




NOTA


A actividade de piscina terá a disposición dos nenos/as que asistan un autobús que os levará dende o colexio ata a piscina e voltará unha vez rematada a actividade.


Descargar horarios pinchando aquí

Benvid@s  

Posted in

Somos o ANPA "A Curuxa" do colexio de educación infantil e primaria "Portofaro", que se encontra na localidade coruñesa de Cambre, no Paseo Os Templarios S/N.

Invitámosvos a navegar a través desta web, coñecer o noso traballo e darnos as vosas opinións. Esperamos que vos sexa de utilidade. E non esquezades que estamos abertos a calquera suxestión que queirades facernos chegar.

Se pertences á nosa comunidade escolar colabora connosco. Asóciate e Participa!

A ASOCIACIÓN.

Benvidos/as

Dende o ANPA dámosvos a benvida á web.
Aquí poderedes encontrar toda a información relacionada coas actividades extraescolares,servizo de comedor, autobús escolar, reunións, etc

Contacta co ANPA


ANPA A CURUXA

Paseo Templarios Nº1
O Temple - Cambre
15679 A Coruña

Teléfono/Fax: 981.667.405
Móbil: 647.146.224


Horario de atención na oficina do ANPA

Mércores:
9:00 a 10:00
16:00 a 17:00

Recordo


En memoria da nosa compañeira Mónica García, dende o 5 de Outubro de 2009 unha nova estrela ilumínanos dende o ceo.

Visitáronnos

Visitáronnos